
Ante as reiteradas demandas velaiqui a proposta para maña domingo:
Hai poucos espazos en Galiza que teñan a catalogación de Monumento Natural. Entre eles está a Fraga de Catasós, no Concello de Lalín.
Este souto conserva os exemplares de Castiñeiro máis altos de Europa de 30m de altura e máis de 5m de circunferencia na súa base. Todo un espectáculo natural digno de ser visto.
Esta paraxe natural atópase na estrada Nacional 525 (Santiago-Ourense) a 4km de Lalín.
O Presi
No hay comentarios:
Publicar un comentario