
Benqueridos socios:
A socia de Silleda nos informa dunha interesantísima proposta para este fin de semana. Trátase da 5ª Semana do Humor, que conta cun cartel de primeiro orde.
O máis importante da información é que, segundo fontes de toda solvencia, a Socia e mais o seu home -O Obelix do Deza- convidarán os que decidan ir polos seus predios a unha merendiña consistente en diferentes presentacións culinarias dun xabarín que él mesmo cazou e ela preparou co todo o seu agarimo.
Máis información en http://www.silledacreandosorrisos.com/
Unha aperta
O presi
No hay comentarios:
Publicar un comentario